Hoxe é Xoves 28 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Chapela súmase á IV Ruta do pincho, que este ano congrega a 26 establecementos

RR_Noticias

A iniciativa, que arrancou hai catro anos como un xeito de promover a gastronomía e a hostalaría local, ofrece aos clientes a posibilidade de degustar un pincho acompañado dun viño das denominacións Rías Baixas, Mencía ou Rioja ou unha cervexa por un prezo de 2,95 euros. A IV edición da ruta do pincho arranca hoxe e prolongarase ata o vindeiro día 26.

Tosta de polbo con queixo de Arzúa, crepe salgada con froitos do mar, lasaña de chocos con piñons e virutas de grelos… e así ata un total de 26 especialidades elaboradas expresamente para esta cuarta edición é o que poderán degustar os clientes dos establecementos que este ano se sumaron a iniciativa da Asociación de empresarios e que ten por obxectivo poñer en valor a hostalaría local. Dende o casco urbano de Redondela, pasando polo centro de Chapela ou as parroquias de Cedeira e Reboreda poderanse degustar estas tapas con sabores da nosa terra e do noso mar en pequenas porcións que farán espertar todos os sentidos. Os mellores pinchos da Hostalaría do Concello de Redondela presentase para ser degustados xunto cunha coidada selección de viños da Bodegas Altos de Tarona, Regina Viarum e Alcorta a un prezo único de 2,95€. A clientela ademais de gozar con estas propostas gastronómicas terá a posibilidade de participar nun sorteos dunha noite para dúas persoas no Hotel Balneario Augas Santas, unha comida para dúas persoas nun dos locais participantes da ruta e dous pases para Circuíto Termal completo no Talaso de Baiona. Ademais, haberá premio directo aos clientes que rematen a ruta (12 primeiros): Botella de Viño Magnum con D.O. Rioja ou Albariño. Dende o Concello o alcalde Javier Bas destacou esta iniciativa como un atractivo máis para que veciños e visitantes se acheguen aos locais do municipio para descubrir a elevada calidade das propostas presentadas. Mousse de pato sobre arroz meloso de cogomelos con flores frescas de primavera, xabaril con cogomelos silvestre e fabas ou a proposta do Restaurante lemos, gañador da edición anterior, que este ano ofrecerá aos seus clientes un solomillo ibérico con crema boletus e piquillo con flores forman parte tamén dese completo menú que estará a disposición dos clientes dos locais participantes.  

Fernando Sampil Asociación de empresarios
26 locais participantes de varias parroquias
Pincho+bebida por 2.95
Un prezo axustado tendo en conta a caldiade das tapas
Ivan Gómez grupo HGA
Con viño ou con cervexa poderá acompañar o cliente o seu pincho
Eva Alonso Restaurante Lemos
Gañadores da edición anterior
Javier Bas alcalde
Anima aos veciños e visitantes a participar da inicativa

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará