Xeólogos, inxeneiros e técnicos medio ambientais participan esta tarde nunha xornada aberta que se vai desenvolver ás 19:00 horas no Hostal Antolín. Na charla, con entrada libre, falarase da situación da enseada e se abordará dende un aspecto técnico as repercusións que as actuacións realizadas no lugar poida ter nas mareas, corrente e na propia praia.
O concello de Redondela e Portos de Galicia organiza no hostal Antolín na tarde de hoxe unha xornada de debate sobre a enseada de San Simón. Técnicos na materia explicarán as actuacións medioambientais realizadas na zona. Entre outros asuntos abordaranse cuestións como as polémicas obras do muro de Cesantes que se veñen de realizar no litoral da praia e que provocaron diversa contestación tanto dende a asociación de veciños da parroquia como dende os partidos políticos da oposición que criticaron que as obras se realizasen sen contar cun estudo de impacto ambiental. Dende ao goberno defenderon sempre esta actuación por estar avalada por costas. O Concelleiro de medio ambiente entende que a charla de hoxe servirá para aclarar calquera dúbida “xa que deben ser os técnicos os que expliquen se a obra terá ou non algún impacto no litoral”.