A aparición dunha capa de lodo nas inmediacións do muro realizado na praia de Cesantes preocupa na confraría polas repercusións que poida ter sobre os bancos marisqueiros. O patrón maior asegura que polo de agora o marisco segue vivo pero que se manteñen alerta ante o posible efecto que poida ter sobre a ameixa e o berberecho. Biólogos da propia COnfraría e da Xunta realizan controis periodicamente para garnatir a supervivencia do marisco.
Clemente Bastos amosa a súa preocupación polo que poida acontecer cos bancos marisqueiros ante a aparición dunha capa de lodo nas inmediacións do muro recentemente construído na praia de Cesantes. Asegura que polo de agora o marisco non ten sufrido mortandade pero periodicamente están a realizar controis por parte da propia bióloga da confraría así ocmo por técnicos da Xunta para ver a evolución de berberechos e ameixas. Bastos non dubida en criticar a realización do muro, sumándose así a críticas xa emitidas dende a Asociación de veciños de Cesantes e por parte dos partidos políticos da oposición. Asegura que se trata dunha obra “que puido ser un exemplo de como se deben facer as cousas para converterse finalmente nunha chambonada máis na que se repiten erros do pasado”.