O alcalde de Redondela cualifica de ” insuficiente e decepcionante” a frecuencia de paradas da alta velocidade con tan só tres frecuencias por día na estación de Os Eidos, e anuncia que solicitará a Fomento que se incrementen o número de paradas. No noso concello só se deterán a recoller ou deixar pasaxeiros os trens das 6:53, 13:33 e 21:43 horas en dirección A Coruña. En dirección contraria, é dicir, os trens que circulan en dirección Vigo deteranse na nova estación ás 8:24, 14:21 e 22:27, segundo publica Renfe na súa páxina web.
O alcalde de Redondela Javier Bas amosou o seu malestar despois de facerse pública a frecuencia de paradas en Redondela e anuncia que solicitará ao Ministerio de fomento “que corrixa esta gran inxustiza, non parece que con todos os sacrificios e incomodidades que tiveron que sufrir os redondeláns para que a alta velocidade chegara a esta comarca, agora non se vexan recompensados por un servizo que cubra razoablemente as nosas necesidades e axude ao desenvolvemento económico do concello”.
Asegura que xa lle trasladou telefonicamente aos responsable do Ministerio o seu malestar por un horarios que cualifica de insuficientes e decepcionantes e adianta que nos vindeiros días trasladará a Fomento “unha queixa formal para que se corrixa esta gran inxustiza”.
Asegura Bas que para o seu goberno o transporte público e unha prioridade e que “seremos tan insistentes neste tema como o fomos co transporte metropolitano”.