Hoxe é Mércores 27 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Rutas de sendeirismo para poñer en valor o territorio

RR_Noticias

As especies vexetais, as rochas, a toponimia, a arquitectura ou pegadas culturais, todo iso e moito máis conforman o noso territorio. Coñecelo é o primeiro paso para poñelo en valor e aprender a respéctalo. Así o entenden dende Faia Educación Ambiental, empresa encargada desta actividade que o vindeiro domingo 19 levará aos participantes a percorrer as parroquias de Vilar de Infesta, Cebeiro, Negros e Saxamonde.

Dunha maneira lúdica e didáctica os participantes coñecerán a diversidade do territorio a partir do patrimonio natural e cultural. As rutas inclúen paradas curtas nas que un guía irá achegando datos sobre os ecosistemas. As especies vexetais a litoloxía ou o clima, tamén aspectos culturais, históricos e económicos do lugar salientando a toponimia, a arquitecturas ou as pegadas culturais. A saída deste domingo ten unha lonxitude de sete quilómetros e partirá ás 10:00 horas dende a Capela de Santiaguiño de Antas. Un percorrido de dificultade baixa que percorre tramos da Senda da Auga, o Camiño Portugués, carreiros e pistas con interese histórico e botánicos tocando puntos das parroquias de Vilar, Cabeiro, Negros e Saxamonde. O único requisito para participar é ser maior de dez anos e inscribirse previamente no correo electrónico info@faia.gl ou a través do teléfono 686998706. A inscrición é de balde e recoméndase levar roupa e calzado cómodo.  

Marcelo Rodríguez Faia educación ambiental
Fálanos da ruta do domingo

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará