Hoxe é Mércores 27 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Mougán incorpórase á candidatura dos populares da que caen Julio Alonso e Herminda Quelle

RR_Noticias

O que fora presidente do Redondela FS ata hai só un par de semanas é unha das poucas novidades que o PP presentará na candidatura que volve liderar o actual alcalde, Javier Bas. Unha lista da que tan só caen o actual concelleiro de Cultura Julio Alonso e a responsable de festas e xuventude, Herminda Quelle.

Julio Mougán é unha das poucas novidades que Javier Bas presentará o vindeiro 24 de abril nun acto que vai ter lugar na praza da Casa da Torre. O cabeza de lista do PP salienta que a vinculación de Mougán co mundo do deporte o fan a persoa axeitada para presidir a Concellería de Deportes no caso de que o PP volva gobernar en Redondela. De feito Julio Mougán era presidente do Redondea F.S. ata hai tan só unhas semanas ademais de ser profesor da Escola de adestradores da Federación Galega de Fútbol Sala e seleccionador Galego Xuvenil entre outras responsabilidades no mundo do deporte.
Non por iso os populares van prescindir do actual edil de deportes, Jesús Crespo, quen se mantén na candidatura aínda que sería relegado da concellería que actualmente preside para asumir outras responsabilidade.
Unha lista na que si hai que salientar dúas baixas, xa que non repetirá a concelleira de festas, Herminda Quelle nin tampouco irá na candidatura popular Julio Alonso, responsable de cultura nos últimos dous anos.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará