A embarcación do C.R. Chapela acadou a prata no Campionato Galego disputado esta fin de semana en Vilagarcía. Un resultado co que garante a súa participación na proba estatal, para a que se clasifican os tres primeiros barcos de cada categoría.
O Campionato de España celébrase a próxima fin de semana, os días 25 e 26, en augas da enseada de Meira, en Moaña. Alí estará o batel Senior Feminino de Chapela, que foi prata no galego. E poia que non sexa a única embarcacións redondelá na proba estatal, xa que as renuncias doutros clubs do Cantábrico darían opción ao club de Chapela a participar nalgunha outra categoría. As que teñen máis posibilidades son as remeiras da categoría Xuvenil, que foron cuartas na proba galega, e que poderían beneficiarse das ausencias doutros clubs. Na proba estatal estarán os tres primeiros equipos galegos de cada categoría. O balance das regatas de Vilaxoán deixa os triunfos nas categorías absolutas de Moaña, en homes, e Samertolameu, en mulleres, en ambos os casos con apertados finais ante os seus rivais polo cetro autonómico, Cabo e Chapela, respectivamente. Samertolameu encadeou na cuarta final da xornada o triunfo na categoría infantil masculina, mentres que a tripulación xuvenil feminina de Robaleira recollía ao termo da cita a bandeira de campioa, nun peirao de Vilaxoán abarrotado.
Clasificacións
Promesa: 1.º Vilaxoán (4.55.88), 2.º Mugardos (4.58.78), 3.º A Cabana (4.59.12), 4.º Perillo (5.02.78) e 5.º Cabo de Cruz (5.06.91). Xuvenil Feminina: 1.º Robaleira (10.15.59), 2.º Vila de Cangas (10.19.84), 3.º Cabo de Cruz (10.20.34), 4.º Chapela (10.31.34), 5.º Vilaxoán (10.44.94).
Absoluta Fem.: 1.º Samertolameu (9.37.22), 2.º Chapela (9.38.78), 3.º Mecos (9.44.38), 4.º Cabo (9.50.53) e 5.º Vilaxoán (9.56.50). Infantil: 1.º Samertolameu (4.36.59), 2.º Cabo (4.38.78), 3.º Perillo (4.40.22), 4.º Vilaxoán (4.42.19), 5.º Mecos (4.46.96). Cadete: 1.º Cabo (6.40.06), 2.º Robaleira (6.47.66), 3.º Samertolameu (6.48.52), 4.º Mugardos (6.52.03), 5.º Chapela (6.54.12). Xuvenil Masculina: 1.º Mecos (8.53.34), 2.º Robaleira (8.58.62), 3.º Tirán (9.02.41), 4.º Cabo (9.03.52). 5.º Perillo (9.13.53). Absoluta Masculina: 1.º Moaña (8.26.60), 2.º Cabo (8.27.12), 3.º Tirán (8.35.44), 4.º Meira (8.42.75) e 5.º Amegrove (8.45.19).