Hoxe é Mércores 27 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Javier Bas: “A Redondela de hoxe é mellor que a que recibimos hai catro anos”

RR_Noticias

Asegura que o PP é o único que presenta aos comicios municipais un proxecto testado “fronte unha amalgama de partidos sen estrutura de goberno e cuxo único obxectivo é desaloxarnos da alcaldía” . Amosa a súa satisfacción polo equipo que o acompañou nos últimos catro anos e, de feito, presenta unha candidatura na que tan só hai tres incorporacións. Unha lista coa que espera convencer a aqueles votantes populares desanimados polos casos de corrupción que afectan ao partido.

Satisfeito do equipo de traballo que liderou durante os últimos catro anos “que se esqueceu de horarios e vacacións para traballar por Redondela” e descontento polos “lentos procedementos da administración local que impediron que resolvésemos moitos problemas que afectan a Redondela” amosa a súa confianza en volver repetir na alcaldía cun grupo continuísta non que hai tan só tres incorporacións. “Seguiremos na liña de traballo dos últimos anos con tres novas incorporacións que serven para reforzar o noso equipo”, subliña Bas quen fai referencia á incorporación de Mª Carmen Amoedo coñecedora do funcionamento da administración local e aos que estarían chamados a liderar as concellerías de deportes e cultura no caso de repetir na alcaldía: o adestrador de fútbol sala Julio Mougán e o ex xerente da Fundación Illa de San Simón Xavier Alonso. Precisamente o feito de presentar “un grupo para gobernar” é un dos argumentos que ao seu entender debería levar aos veciños a votar aos populares en Redondela. Explica Bas que son os únicos das sete formacións que concorren a este comicios de maio que presentan “un proxecto testado fronte unha amalgama de partidos que carecen de estrutura de goberno e cuxo principal obxectivo é que o PP non goberne”. Con todo, é consciente que a marca PP pódese ver afectada polo regueiro de casos de corrupción que está a sair a luz a nivel estatal e que pode levar a moitos dos seus potenciais votantes a deixar de acudir ás urnas ou optar por outra papeleta. Para desmontar este argumento envía a mensaxe de que “a nivel local priman as persoas e no noso concello levamos catro anos demostrando que nos move o traballo, a humildade e a lealdade na defensa dos intereses de Redondela”.  

Javier Bas candidato PP
Evaluación do seu mandato
Perspectivas de voto
Asegura que a súa proposta é a máis solvente
Repercusión casos de corrupción
Confía en que o votante de Redondela non quede na casa por esta cuestión

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará