Hoxe é Mércores 27 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Veciños do Camiño da Costa piden que se anchee o vial para o paso do servizos de emerxencia

RR_Noticias

Carlos Sueiro e a súa familia viven día a día coas dificultades que lles provocan os seus problemas físicos. Unha situación que se ve agravada pola carencia dun acceso en condicións que lles permita chegar a súa vivenda xa que o tramo do Camiño da Costa que desemboca na súa casa “é intransitable, un carreiro esvaradío e sen apenas luz e polo cal non podería pasar un vehículo de emerxencia”. Por este motivo solicitan ao concello que proceda a ensanchar o vial.

Os catro membros da familia de Carlos Sueiro padecen diversos problemas de mobilidade. El mesmo perdeu unha perna a causa dunha enfermidade e o seu pai ten que botar man dun bastón para poder camiñar. As outras dúas persoas que residen na vivenda padecen tamén diferentes enfermidades que afectan a súa capacidade para se desprazar. A estes problemas de saúde estes veciños de Chapela suman o feito de que a súa vivenda se atopa ao final do Camiño da Costa, un vial que non ten a anchura suficiente para empregar un vehículo. De feito Carlos Sueiro teme que nalgún momento teñan que necesitar dunha ambulancia “xa que o carreiro non ten anchura suficiente para o paso dun vehículo de emerxencias”. Por este motivo levan meses solicitando ao goberno local que acometa a obra de ampliación desta rúa. Aseguran os afectados que “son menos de douscentos metros e os veciños afectados estarían dispostos a ceder parte dos seus terreos para que se puidera facer, pero dende o Concello o único que recibimos son boas palabras e ningún compromiso”.  

Carlos Sueiro veciño afectado
Explica a situación na que se atopa o vial
Boas palabras e poucos feitos
Demandan que se anchee o vial para que poida pasar unha ambulancia

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará