Hoxe é Mércores 27 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Presentación de ¨En todas as mans¨ un documental sobre os montes veciñais

RR_Noticias

En todas as mans é un proxecto audiovisual ideado desde a cooperativa Trespés que difunde a realidade dos montes veciñais en man común. Un documental baixo a dirección de Diana Toucedo que se poderá ver este xoves ás 20:30 horas no Multiusos da Xunqueira con entrada de balde.
 

“En todas as mans” é unha peza audiovisual que pretende mostrar a actividade das comunidades de montes e a vida dos seus protagonistas acompañadas de voces expertas da economía, xudicatura, ecoloxismo, historia ou o activismo social. A suma ofrécenos un diverso elenco de usos, reflexións, problemáticas e propostas á volta da xestión comunitaria do monte na Galiza e Portugal.
“Un documentario no que se analizan os montes veciñais en mancomún, iniciativas de economia social e solidaria organizadas en propiedades comunais (veciñais e colectivas) que proceden da pertenza a un núcleo de poboación determinado, con carácter habitual, a parroquia. Polo tanto non son nin propiedade privada nin propiedade pública” segundo explican os seus autores.
Na actualidade ocupan un 20% da superficie do territorio de Galiza, supoñen un total de 3.000 comunidades nas que se agrupan na volta de 250.000 persoas comuneiras. Achegan o 5% do PIB e só desde o punto de vista forestal xera 26.000 postos de traballo.
A estratexia de financiamento do documentario partiu da filosofía da suma dos poucos para conseguir o todo. Así, foron máis de 250 persoas, unha vintena de entidades e 19 montes veciñais as que forman parte do elenco de mecenas de “En todas as mans” sen as que non sería posible acabar o proxecto.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará