Hoxe é Mércores 27 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Os traballadores de Urbaser instan ao goberno local a involucrarse para evitar a folga

RR_Noticias

A folga na recollida do lixo iniciarase o vindeiro luns día 18 se empresa e traballadores non chegan a un acordo que evite o conflito. O representante sindical Alberto Covelo denuncia a negativa da dirección da empresa a sentarse a negociar un “acordo de mínimos” e solicita ao alcalde que medie no conflito xa que por tratarse dun servizo privatizado o responsable último é o goberno local.

Dentro dunha semana podería arrancar unha nova folga na recollida do lixo, unha medida impopular que os traballadores queren evitar pero que pasa necesariamente porque a dirección de Urbaser retome as negociacións e se aveña a aceptar un acordo que os operarios entenden de mínimos. “As nosas demandas xa se foron reducindo notablemente pero como mínimo esiximos un aumento salarial anual de algo máis de 300 euros” explica Covelo, quen lembra que os traballadores cobran unha media de mil euros e que o incremento demandado é perfectamente asumible por Urbaser. Ante a negativa da empresa a avanzar nas negociacións xa anunciaron o inicio da folga para o vindeiro luns día 18 e veñen de solicitar ao concello que dende o goberno local se emprace a Urbaser a retomar as negociacións, que o alcalde medie no conflito e que se convoque a xunta de portavoces. Os traballadores convocan este xoves ás 18:30 horas unha asemblea informativa diante do concello para explicarlles aos veciños os motivos que os levan convocar esta protesta.  

Alberto Covelo delegado sindical
O representante dos traballadores pide ao goberno loca lque se implique
Demandas
Esixen un acordo de mínimos
Asemblea aberta
O xoves 14 ás 18:30 horas

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará