Hoxe é Mércores 27 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Os partidos alleos ao goberno demandan recuperar a Memoria Histórica en San Simón

RR_Noticias

Promover o turismo, crear un museo etnográfico, poñer en valor as manifestacións culturais das parroquias e o camiño Portugués ou recuperar a memoria histórica na Illa de San Simón incidindo nas vítimas e no acontecido nese arquipiélago durante o franquismo foron algunhas das propostas no ámbito cultural que se escoitaron no debate organizado pola Radio Municipal con presenza de todas as formacións que se presentan aos comicios do vindeiros domingo agás o PP.

O candidato socialista, Eduardo Reguera salientaba o feito de que Redondela se convertese nun referente cultural durante os diferentes mandatos do seu partido e avogaba por recuperar actividades que se perderon nos últimos anos e, sobre todo, por recuperar un plan de potenciación da enseada e a recuperación da memoria histórica na Illa de San Simón “un aspecto que se deixou de lado nos últimos anos”. Un aspecto no que ten incidido tamén en numerosos ocasións o BNG quen defendía a necesidade de poñer en valor as manifestacións culturais que hai nas parroquias “por exemplo as madamas e galáns de Cabeiro” e potenciar o Camiño Portugués. Dende AER o seu candidato Ricardo Figuero insistía na necesidade de que o concello e o futuro goberno actúen como dinamizadores culturais. Pola súa banda a formación Redondela Pode recollía unha proposta de Alén Nós e anunciaba que o seu partido “defenderá a creación dun museo etnográfico” como proposta máis novidosa falaba tamén de iniciativas encamiñadas a favorecer as saídas en barco pola ría con embarcacións típicas”. Son Redondela apostaba en maior medida por descentralizar as actividades e promover “itinerarios artísticos e culturais”.  

Eduardo Reguera PSOE
Recuperar a memoria histórica
Xoan Carlos González BNG
Poñer en valor manifestacións culturais propias
Ricardo FIgueroa AER
Actuar como dinamizadores culturais
Mar Núñez Redondela Pode
Creación dun museo etnográfico
Luisa Cayetano Son Redondela
Crear itinerarios artísticos e culturais

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará