Hoxe é Mércores 27 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Choco clasifícase para a final da Copa Deputación tras a remontada en Gondomar

RR_Noticias

No campo de fútbol das Gaiandas o equipo redondelán superou aos locais cun marcador de 1-2, logo de remontar o 1-0 inicial do Gondomar. Como campións da zona sur, mediranse na final o gañador da eliminatoria da zona norte, que se decidirá esta noite entre Vilalonga e Ribadumia.

Os goles de Aitor Gómez e Diego Silva déronlle a volta a un marcador no que se adiantaba o Gondomar. Fieis ao seu xogo, os pupilos de Jacobo Montes non baixaron os brazos e fixéronse co partido. Un paso máis cara o título nunha temporada moi especial para o Choco. A vitoria non é só importante a nivel deportivo, tamén económico, xa que ser finalista da área de Vigo repórtalle ás arcas do club un premio de 3.200 euros. De quedar campións sumarían 5.000 euros máis, aínda que o premio tampouco é pequeno para o subcampión, que asegura 4.000 euros. O pase na Copa Deputación é tamén unha inxección de moral para o Choco de cara á fase de ascenso a Segunda B que arranca o domingo ás 19.00 horas en Santa Mariña. Terán en fronte ao Estremadura UD de Almendralejo, subcampión do Grupo 14 de Terceira División. As entradas véndense a 15 euros e a 5 para socios e menores de 24 anos.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará