Hoxe é Mércores 27 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Arranca o Festival Internacional de Títeres coa obra “As fabas máxicas” para escolares

RR_Noticias

Na mañá de hoxe arrancaba en Chapela a programación do XVI Festival Internacional de Títeres de Redondela (Memorial Juanjo Amoedo) con dúas funcións escolares no Auditorio Piñeiral do Crego de Chapela, a cargo da compañía galega Caramuxo Teatro.
Unha programación escolar que supón o inicio dun intenso programa que se vai desenvolver ata o domingo, e que encherá Redondela de teatro de monicreques e música con máis de 70 representacións de 24 compañías.

Mañá mércores e xoves, xa no Multiusos da Xunqueira, a compañía catalá Mimaia Teatro ofrecerá pola mañá dous pases para escolares do seu espectáculo  Adiós Bienvenida, que tamén representará para o público xeral o mércores ás 21:00h. Á mesma hora pero o xoves, o Centro Dramático de Évora traerá dende Portugal os seus  Bonecos do Santo Aleixo, recomendado a partir de 12 anos.
As funcións escolares pecharanse o venres coa compañía madrileña Titiriguiri, que porá en escena dous pases de Hay un gallo en tu tejado  no Multiusos da Xunqueira.
Unha das novidades máis salientables desta edición é a aposta por converter o venres nun anticipo do sábado cun intenso programa de rúa e sala.
Así, xa pola tarde do venres, a programación de sala multiplicarase en espazos e en funcións. Os brasileiros de Pigmaliâo Escultura que Mexe farán cinco pases de 15 minutos de  O Quadro de uma familia  no Multiusos da Xunqueira dende as 20:30h; mentres que o Centro Dramático de Évora levará os Bonecos do Santo Aleixo ao Auditorio de Chapela ás 21:00h. Á mesma hora pero no Centro Recreativo Cultural de Redondela, e no marco do Redond-off, Titeresficciós representará tres pases de 20 minutos de A espera.
O venres pola tarde arrancará tamén a programación de rúa, cos cataláns de Katakrak con Enginys Elo-Poetiks  e a Fanfarria Taquikardia polo paseo da Xunqueira e Títeres Cascanueces na Praza Reveriano Soutullo con Un diaño na maleta. Como peche da xornada e homenaxe ao mundo dos titiriteiros, ás 21:00h terá lugar un Encontro-Coloquio cos titiriteiros históricos galegos na Casa da Cultura dirixido por Quico Cadaval.
Unha intensa programación para todos os públicos que continuará na fin de semana.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará