Hoxe é Mércores 27 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

“Adios bienvenida” abre a programación de sala do Festival Internacional de Títeres

RR_Noticias

A galardoada compañía catalá Mimaia Teatro integradas polas polifacéticas actrices Dora Cantero y Mina Trapp son as encargadas de poñer en escena unha obra na que os títeres de luva e traballo actoral van da man para contarnos a historia de Bienvenida, unha muller que se apega tanto as cousas e as persoas que non é quen de dicir adeus. A representación será ás 21:00 horas no Multiusos da Xunqueira.

Unha obra da que os escolares xa gozaron na mañá de hoxe e coa que arranca esta mesma tarde noite a programación de sala do Festival. Un espectáculo moi coidado escenograficamente cunha magnífica ambientación portuaria con monicreques e obxectos que nos conta a historia de Bienvenida, unha muller que senta a súa mesa a diferentes convidados para gozar das mellores sardiñas. Mariñeiros, pescadores e poetas que arrastran a súa propia historia e que se xunta coa da propia Bienvenida, unha muller que non sabe dicir adeus. Un espectáculo que nos fala “dos ciclos da vida, da necesidade do fin dalgunhas cousas apra que algo novo poida comezar”. Recomendado a maiores de 5 anos poderase ver hoxe mércores ás 21:00 horas. Como no resto das propostas de sala, o prezo da entrada é de 5 euros. Á mesma hora pero o xoves, o Centro Dramático de Évora traerá dende Portugal os seus  Bonecos do Santo Aleixo, recomendado a partir de 12 anos.  

Dora Cantero MImaia Teatro
Fálanos da obra
Títeres e actores
Un espectáculo que mestura técnicas diferentes coa música

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará