Moi boa imaxe a do equipo redondelán, que malia gañar en Almendralejo perde no cómputo global ante o Estremadura e queda fóra da fase de ascenso a Segunda B. O partido termino sendo moi disputado (2-3) e entretido entre ambos os conxuntos. Os de Montes puideron demostrar o seu talento e calidade, logo do mal partido disputado en Santa Mariña.
Fase de Asceno Segunda B
Estremadura 2-3 Choco
Nos primeiros minutos ambos os conxuntos mostraron as súas cartas, o Choco chegaba até Almendralejo a deixar o listón alto e polo menos competir, e conseguírono. O Estremadura quería sentenciar a eliminatoria logo do 0-3 da ida, e aos 5 minutos tíñao practicamente feito. Juanito de la Cruz aproveito un servizo de Sabino e el só fabricou o gol. Con vantaxe no marcador todo parecía que estaba sentenciado pero cinco minutos máis tarde Carlos Saavedra rexeita un balón lanzado por Silva e Hugo logra empatar. Nese momento o partido entra nunha fase de dominio alterno con aproximacións de ambos os equipos pero sen claras ocasións. Félix e Comis eran os máis perigosos do Choco, mentres no Estremadura Sabino e Juanito de la Cruz eran os homes que mais ocasións creaban. No último minuto do primeiro acto David puxo un balón na cabeza de Juanjo e este rematou á rede o 2-1. Con ese resultado chegouse ao descanso. Tras a continuación o asistente de tribuna indicou que Curro cortara o balón co brazo sinalando o árbitro penalti. O encargado de lanzar foi Silva logrando a igualada. Ambos os adestradores comezaron a mover o banco, o esforzo da primeira parte empezouse a sentir nas pernas dos xogadores. O Estremadura sabía que a renda que tiña era ampla e o Choco apuraba as súas últimas opcións. No minuto 70 Comis levou un balón polo centro, rexeitou o porteiro e marcou Rubén que chegaba desde atrás. Dieguito e Curro dispuxeron dunha dobre ocasión para lograr o empate e Molinoa puido aumentar a vantaxe no último suspiro pero Saavedra respondeu cunha boa parada. Ao final vitoria do Choco que servía para goce dos afeccionados que viaxaron desde Redondela e clasificación para o Estremadura. Agora o Choco pensa na final da Copa Deputación, que disputa o próximo domingo en Portonovo diante do Vilalonga.
Estremadura UD: Saavedra, Chechu, Lolo Guerreiro, Ismael Barragán, David Feito, Nauzet, (Ivan Moya, min.68), Curro, Juanito da Cruz, ( Ruano, min. 80), Juanjo, (Dieguito, min 64), Sabino e Willy
CD Choco: Aaron, Iago Vázquez, Saul, Cris, Carminati, Fernando, (Muíños, min. 86),Comis, Xose, (David Piñeiro, min. 51), Felix,(Rober, min.65),Hugo e Silva
Goles: 1-0: Juanito da Cruz, min. 5. 1-1: Hugo, min. 10. 2-1: min. 44. Juanjo. 2-2: Silva, p, min. 48. 2-3: Ruben, min. 70
Segunda Autonómica
Arcade 2-6 Zacande
O Arcade segue na metade baixa da táboa logo da derrota por goleada diante do Zacande no penúltimo partido de liga, pero xa coa salvación asegurada e sen ningún obxectivo en xogo. Na última xornada desprázase ao campo do Figueirido, cuarto clasificado do grupo.
Terceira Autonómica
Cesantes 7-1 Soutomaior
O Cesantes superou sen problemas ao Soutomaior, afundido na táboa, e gañou por goleada. O último partido de liga vaino xogar no campo do pechacancelas, o Caroi.