Hoxe é Mércores 27 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O pregón de Lenda dará inicio ás festas da Coca

RR_Noticias

A tradicional Danza das espadas e as Penlas e a elaboración das alfombras florais centran a atención dun programa que arranca esta mesma tarde co pregón ás 20:00 horas a cargo de Lenda, o centro de atención ao enfermo mental que cumpre 20 anos desenvolvendo unha importantísimo labor no noso concello. Mañá no festivo do Corpus, a Coca dos nenos centrará as actividades infantís na alameda a partir das seis da tarde con xogos, circo e teatro, actividades que se repetirán no mesmo horario na xornada do venres. A orquestra El combo dominicano será a protagonista da verbena de hoxe mércores a partir das dez da noite.

Redondela iniciará as festas da Coca hoxe mércores co tradicional desfile de xigantes e cabezudos acompañados polo grupo de gaitas Airiños de San Simón ás seis da tarde. A continuación soará na Alameda a música da orquestra de Saxos do Conservatorio que dará paso ao pregón, labor que este ano recae na asociación Lenda, encargada de xestionar o centro de atención ao enfermo mental que funciona en Redondela dende hai xa 20 anos. A continuación terá lugar a emotiva homenaxe ás alfombristas e o acto solemne de relevo das penlas. Unha xornada que rematará coa tradicional verbena ás 22:00 horas amenizada pola orquestra El Combo dominicano. Unha música que soará mentres no casco vello ducias de persoas participan da elaboración das alfombras florais. Uns tapices florais que contarán neste ano cos presenza de novos voluntarios, xa que farán alfombras as parroquias de Saxamonde e Reboreda. O día grande das festas será o festivo do Xoves do Corpus, unha xornada que arrancará cos actos relixiosos ás 10:30 cando se traslade a virxe de A Gabacha á Igrexa de Redondela. Os actos principais serán ás doce do mediodía co desfile da Coca acompañada polos xigantes e cabezudos e a procesión polas rúas decoradas con alfombras florais así como o posterior baile das espadas e as penlas na praza da Constitución previsto para a unha do mediodía. Xa pola tarde o protagonismo será para os nenos que poderán gozar na Alameda coa casa dos xogos, o espectáculo circense Cousas do Trasno a cargo de Pistacatro e o espectáculo “Veló como el rayo” do madrileño Javy-Javichy. A orquestra Televisión será a encargada de pechar a xornada festiva. Dende o goberno anímase aos veciños e visitantes a participar das visitas guiadas a san Simón que partirán ás 12:00 dende Meirande e xa pola tarde dende Cesantes ás 16:30. Unhas rutas pola enseada con posterior parada na illa que quere ser tamén un atractivo a maiores para completar o programa e promover o coñecemento do noso concello. Javier Bas facía fincapé tamén en aproveitar estes días de festa para coñecer outras espazos emblemáticos como a fervenza de A Feixa en Reboreda, o parque do rí pexegueiro ou o propio centro de interpretación da batalla. Unha actividades de balde pero na que cómpre inscrición previa na oficina de turismo de Redondela.  

Javier Bas alcalde
Un pregón a cargo de Lenda no seu vixésimo aniversario
Actividades complementarias
Visitar a Illa forma parte do programa
Programa mércores 5
Hermínda Quelle fálanos das activiades da xornada inaugural

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará