Hoxe é Mércores 27 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Últimos días para o pago do imposto de circulación

RR_Noticias

O vindeiro luns 15 de xuño remata o prazo para o pagamento en período voluntario dos recibos do Imposto de vehículos de tracción mecánica do presente exercicio. Finalizado este prazo aqueles contribuíntes que non tiveran realizado o pago deberán enfrontarse aos recargos correspondente.

Os contribuíntes que non recibiran no seu domicilio as cartas de pagamento (recibos) necesarios para realizar o pago en calquera das sucursais de Abanca, La Caixa ou Banco Bilbao Vizcaya, poderán solicitar un duplicado dos mesmos na Oficina de Recadación e Xestión Tributaria do Concello de Redondela sita. na Rúa Ernestina Otero 35 baixo (horario de  atención ó público : mañás de luns a venres de 9:00 a 14:00 e tardes de luns a xoves de 16:00 a 18:30 horas)  ou descargarse o recibo dende a páxina web do Concello www.redondela.es, no apartado de recadación,  introducindo os datos que se lle requiran para a súa expedición;  e asimesmo poderán efectuar o pago on line a través do enlace existente na páxina web do Concello.
Finalizado este prazo o cobro realizarase pola vía  executiva cos recargos de apremio regulamentarios.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará