Hoxe é Mércores 27 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Costas defende o muro de Cesantes por axustarse a legalidade e non provocar danos adicionais

RR_Noticias

Así llelo fixeron saber ao BNG dende o departamento estatal en resposta a varias preguntas da deputada Olaia Fernández Davila interesándose polo posicionamento do goberno ante a construción dun balado no areal de Cesantes que provocou críticas tanto dos veciños como dos grupos políticos da oposición. Esta mesma semana dende a Confraría confirmaron que a construción deste muro provocou una mortandade do 20% no banco marisqueiro existente nese lugar.

A deputada no Congreso, Olaia Fernández Davila, presentou varias preguntas sobre esta obra logo de visitar o lugar o pasado mes de marzo. Dous meses despois, segundo explica o BNG “o goberno español considera que a construción deste balado de máis de dous metros de altura, e algo máis de 250 de longo, axústanse ao Proxecto Inicial”.
Na mesma batería de preguntas, interesábase a deputada nacionalista pola consideración do goberno español sobre a problemática marisqueira. Facía fincapé Olaia Fernández, que as 150 traballadoras do mar deste sector ían verse negativamente afectadas pola obra. Anticipaba, tal como lle transmitiron as propias marisqueiras, a alta mortandade de cría de bivalvo. Uns prognósticos que se viron confirmados tal e como explicaba nos micrófonos de Radio Redondela o patrón maior do pósito, Clemente bastos, quen asegura que “un 20% do marisco, ao redor de 1.500 kilos de ameixa, morreu a consecuencia do lodo provocado pola obra”.
Unha obra que se realizou sen ningún tipo de informe de impacto ambiental. Para agravar aínda máis a situación, a maquinaria pesada interviu dende o propio areal, incidindo negativamente na situación do banco marisqueiro, segundo denunciaron dende a organización nacionalista.
Dende o BNG, consideran que as valoracións de Costas “non se axustan á realidade, afirmar que a obra non provoca ningún dano adicional desvela que o goberno de Rajoy actúa de costas aos intereses medioambientais, económicos e sociais de Cesantes”.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará