Hoxe é Mércores 27 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Club de Remo Chapela faise co bronce no Campionato de España de Traineriñas

RR_Noticias

Os equipos galegos fixeron pleno na categoría xuvenil, con ouro para Mecos. Ziérbena, na categoría sénior masculina e Koxtape, na feminina, proclamáronse campións en augas de Santander. Un campionato marcado polos erros de organización e as protestas dos participantes.

As mozas de Chapela, campioas galegas na modalidade, foron superadas polas embarcacións de Koxtape e Zumaia, que remataron na primeira e segunda posición, respectivamente. Outras galegas, as de Mecos, foron cuartas. Mentres os xuvenís de Mecos revalidaron o seu título nacional, acompañados no podio por Robaleira e Tirán, que completaron o pleno galego na categoría xuvenil. Na final absoluta masculina gañou Ziérbana, seguidos de Bermeo e Koxtape. Os galegos de Cabo de Cruz e Tirán tiveron que conformarse coa cuarta e quinta praza. O Campionato de España quedou deslucido por problemas organizativos. A xornada comezou con 45 minutos de atraso tras as protestas de varios clubs porque o campo estaba mal disposto. A iso uníronse os barcos e windsurfistas que invadían o campo de regateo, a ondada que levantaban os ferrys e a falta de foto finish nunha competición deste rango. Será o mesmo campo de regatas que en agosto acolla o Campionato de España de traiñeiras.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará