Hoxe é Mércores 27 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Javier Bas: “O PSOE recorre á difamación para tentar acadar un poder que as urnas non lle deron”

RR_Noticias

O alcalde en funcións é cauto á hora de valorar a súa máis que probable investidura o vindeiro sábado “aínda quedan días e ata o pleno do día 13 nada é definitivo”. Máis contundente se amosa á hora de negar ás acusacións do secretario provincial do PSOE quen afirmou ter “fundadas sospeitas de que Javier Bas tería favorecido laboralmente a membros de AER”. Asegura Bas que estas acusacións son “mentira” e que responden “á desesperación dos socialistas por facerse coa alcaldía”. Convídaos a acudir aos xulgados se teñen probas “que presenten unha denuncia ou que deixen de enlodar a política, un terreo no que se moven moi ben pero que é indigno”.

Bas non quere adiantar nada de cómo será o próximo goberno que lle tocará liderar a partir deste sábado. Entende que ata que se produza o pleno de investidura hai que ser cautos malia que todo apunte que seguirá na alcaldía ante a decisión de AER de non apoiar un goberno alternativo. Con todo, é consciente de que  se abre un período difícil, no que de gobernar terán que facelo en minoría e cun concelleiro menos, o que obrigará a reorganizar o goberno local para facelo operativo. En canto ás negociacións desenvolvidas nas últimas semanas no camiño de acadar apoios que garantiran a súa permanencia na alcaldía, explica Bas que as súas conversas con AER centráronse en temas relacionados coa participación cidadá e a transparencia “e comprometémonos a seguir avanzando neses campos”.  

Javier Bas PP
Nega rotundamente ter negociado con postos de traballo
Investidura
Amósase cauto ante o que poida acontecer o vindeiro sábado
Negociacións
Asegura Bas que o único que se negociou foi novas ferramentas para dar maior transparencia ao concello

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará