A Casa da Cultura acolle hoxe mércores ás 19:00 horas unha charla a cargo do asesor xurídico, Rodrigo Blanco. Unha actividades organizada pola Asociación Lenda e a Federación de familiares e persoas con enfermidade mental (FEAFES Galicia) na que se falará de diferentes aspectos relacionados xuridicamente con temas de enfermidade mental.
Abordaranse cuestións tales como as incapacitacións, tutelas, pensión, reclamacións ante a administración, sucesión ou patrimonio protexido. Unha actividade aberta que se vai desenvolver na tarde de hoxe mércores ás 19:00 horas na Casa da Cultura.