Hoxe é Mércores 27 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

50 anos e dez mil alumnos, cifras de récord no Colexio Santo Paio de Abaixo

RR_Noticias

O centro educativo de Reboreda está de parabéns. A comunidade educativa deste colexio está a celebrar o 50 aniversario dende que se puxera en marcha un colexio que foi rebautizado como “O Oxford de Redondela” polo seu bo funcionamento e o interese de moitos pais e nais de matricular nese centro aos seus pequenos ante a boa prensa que o precedía. Este venres e sábado organizan un completo programa de actividades que serven de colofón a unha celebración que se ven prolongando dende hai semanas.  

Alumnos e ex alumnos, profesores, membros da comunidade educativa e veciños de Reboreda teñen este sábado e domingo unha cita cos actos conmemorativos do 50 aniversario do Centro de Ensino público Santo Paio de Abaixo. Un colexio que puido ser unha realidade alá polo ano 1965 grazas á implicación dos propios veciños do lugar quen non dubidaron en investir os cartos procedentes dunha venda de árbores para comprar os terreos nos que actualmente se asenta o centro educativo. “Eran outros tempos- explica o actual director Javier Núñez, quen leva xa 30 anos exercendo de mestre neste colexio- e os veciños tomaron a iniciativa para poñer os terreos a disposición das autoridades para que construíran o edificio”. Neste medio século de historia pasaron polas súas clases máis de 10.000 alumnos (o centro ten un total de 225 nenos por curso) e non todos de Reboreda, xa que sempre foi un colexio moi valorado por pais e nais algo que fixo que o centro fose rebautizado como “o Oxford de Redondela”. Un bo funcionamento que ao entender de Núñez responde a “elevada implicación dos profesores e do resto da comunidade educativa que sempre foi máis aló do estritamente curricular”. Nestes días convidan a toda a veciñanza a se sumar as celebracións que vivirán as súas xornadas grandes este venres e sábado con actividades no pavillón de deportes da parroquia. Mañá día 19 actuará a partir das 20:00 horas a Rondalla de Redondela, entregaranse os premios A Reboraina e haberá un acto homenaxe á comunidade educativa. A xornada rematará coa representación da obra de teatro o Cogumelo Agarico interpretada por ex alumnos do centros. O sábado as actividades arrancarán xa ás doce do mediodía cunha función do Titiricircus de Tanxarina e un xantar popular cuxo aforo está xa superado. Os actos conmemorativos rematarán cunha actuación musical a cargo do grupo Circo de Pulgas.  

Javier Núñez director do Colexio de Reboreda
A implicación dos veciños foi fundamental para que o centro se construíra
Alta demanda
Un colexio moi valorado
Programa de venres e sábado
Música teatro títeres e un xantar popular

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará