Un ano máis a asociación Alén Nós en colaboración con outros colectivos sociais, culturais e veciñais de O Viso e Soutomaior organizan a Festa dos Fachos. Está previsto que a partir das once da noite os veciños se vaian xuntando na base do monte, lugar no que se venderán os fachos. Ás 23:30 comezará a subida cara o cumio da Peneda e, o chegar ó mesmo, realizárase a fogueira e haberá unha queimada popular encabezada polo feiticeiro Noé Massó.
Non faltarán as habituais rosquillas e convídase a todos os que o desexen a levar os seus instrumentos e participar activamente da celebración. Os espontáneos contarán cun sistema de son a súa disposición para animar a noite.
O monte da Peneda é un dos lugares con maior historia de Redondela. Habitado dende a época castrexa, na idade media acolleu a fortaleza de Castrizán, elevada para vixiar os movementos de Pedro Madruga no Castelo de Soutomaior e que foi asaltada por este mesmo señor feudal. No seu cumio acolle agora unha ermida e o recinto da festa está marcado por unha sobreira que supera os cen anos de idade e que, probablemente, tamén os 150.