Hoxe é Mércores 27 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Redondela arderá na noite de San Xoán

RR_Noticias

A Concellería de Medio Ambiente outorgou un total de 15 permisos para a celebración das tradicionais fogueiras de San Xoán na noite de mañá martes. Unha celebración que se espallará por todas as parroquias. As máis modestas prenderán a tradicional fogueira nunha noite marcada polo lume, as máis ambiciosas convidan aos veciños e visitantes a sardiñas e viño e completan o programa con música e actividades paralelas.

As celebracións son numerosas e se espallan por todo o concello. Así, dende o Círculo Cultural deportivo de Cesantes organizan unha fogueira na coñecida como curva morta, na N-550. Unha festa que arrancará ás 20:30 horas con xogos populares para os cativos, comida e bebida a prezos populares, fogueira e queimada a partir da medianoite e un serán aberto a todo o que queira participar e facer soar os seus instrumentos ou as sáus voces.
Sardiñas e pan de millo a prezos populares é o que ofertan tamén no torreiro das festas da Teixeira no Viso con fogueira tamén na medianoite organizada pola comisión das festas da Teixeira en colaboración coa asociación cultural de Tuimil.
En Ventosela a cita será no monte da Miñoteira e en Vilar de Infesta na baixada Os Eidos.Tamén a área recreativa Chan das Pipas acollerá a tradicional fogueira en Saxamonde que se vai prender no campo de fútbol.
Por outra banda, a Asociación Deportiva e Cultural de Rande celebra esta festa a partir das 20:30 horas cunha sardiñada que estará amenizada pola música do grupo tradicional “Os de debaixo da Ponte”. Unha noite na praia de Rande chea de bruxas e meigallos que rematará coa tradicional fogueira e queimada.
En Chapela, o campo da Parada é o lugar elixido polo Club de fútbol da parroquia para celebrar o San Xoán, pero os veciños poderán optar tamén por achegarse ao Camiño da Bruxa ou ao coñecido como Campo de Adentro, que son outros dos lugares onde están previstas fogueiras. Na mesma parroquia a asociación Cultural deportiva de Cidadelle terá a súa fogueira propia na zona pública da Fontiña.
Por último, e enmarcada dentro das festas de Cabeiro, tamén esta parroquia convida aos veciños a participar da gran sardiñada acompañada de viño que se celebrará no campo da festa desta parroquia a partir das oito da tarde de mañá. Haberá verbena ás 23:00 horas amenizada polo grupo Aramio e o Trio Angel e unha hora despois prenderase a fogueira.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará