Tres veciños de Redondela de idades comprendidas entre os 18 e os 32 anos foron detidos pola garda Civil como presuntos autores dun roubos con forza logo de ser sorprendidos canto tentaban subtraer gasoil dun surtidor dunha empresa de autobuses en Soutomaior.
Os detidos son C.M.A. de 18 anos de idade, A.V.S. de 32 anos e N.V.V. tamén de 32 anos. Os feitos teríanse producido segundo informa a Garda Civil, na madrugada de onte cando unha chamada alertou da presenza de tres individuos que supostamente estarían intentando roubar no recinto dunha compañía de autocares ubicada na zona de Arcade. Unha vez no lugar, a patrulla policial sorprendeu aos tres varón cando tentaban subtraer combustible dun surtidor.
Os tres detidos que contan con antecedentes policiais, foron detidos e trasladados a dependencias policiais. Pasaron xa a disposición do Xulgado de instrucción número 2 de Redondela.