Hoxe é Mércores 27 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A abstención de AER permite ao PP manter a figura de “coordinador de concelleiros”

RR_Noticias

No pleno extraordinario de onte aprobouse a creación de dous postos de persoal de confianza: a creación dun novo posto que se encargará de xestionar un portal de transparencia e a figura de coordinador de concelleiros que xa existiu no anterior mandato. Tanto PSOE como BNG votaron en contra argumentando que esta figura, que nos últimos catro anos ocupou Carmen Amoedo “exerce actividades de control político  e convértese nun concelleiro non electo”.

Con todo, a abstención dos catro concelleiros de AER permitiu ao PP sacar adiantes estes dous postos de persoal de confianza dotados retributivamente con 26.000 euros no caso da persoa encargada da coordinación de concellerías mentres que 21.000 euros é o que se asigna ao persoal encargado do portal de transparencia. Dende o PSOE insistían en que se trataba de dúas figuras innecesarias e criticaban que no mandato anterior a persoa que debía ocuparse da secretaría do alcalde exercese funcións máis propias dun “concelleiro non electo”. No mesmo sentido se manifestaba o BNG, quen insistía en que esta persoa “con cartos públicos dedicábase exclusivamente a traballar apra o PP”. Xoán Carlos González entende ademais que é labor dos propio concelleiros coordinarse entre eles sen necesidade de crear ningunha figura que asuma ese traballo. Dende AER, malia asegurar que compartían as reticencias dos outros grupos, optaban pola abstención advertindo que “a mínima que as persoas contratadas se salten as funcións asignadas solicitaremos ao pleno a súa revogación”. Dende o PP a súa voceira Carmen Amoedo criticaba aos grupos da oposición que cando gobernan si defenda a creación de postos de confianza e cando están na oposición voten en contra.  

Xoan Carlos González BNG
Amósase en contra de manter a figura de coordinador de concelleiros
Eduardo Reguera PSOE
Os socialistas votaron en contra dos cargos de confianza reclamados polo PP
José Bernardo Crespo AER
Optaron pola abstención
Carmen Amoedo PP
Critica a PNG e PSOE por defender os postos de confianza cando gobernan e votar en contra dende a oposición

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará