As xogadoras e quipo técnico da SAR foron recibidas na xornada de onte no salón de plenos do concello nun acto presidido polo alcalde Javier Bas e o concelleiro de deportes Julio Mougán. A recepción quixo ser un recoñecemento ao traballo desenvolto por estas deportistas e que lles valeu o ascenso á segunda categoría nacional logo do bo papel disputado en Santander en maio e da vacante deixada por Almasora Castellón, equipo que non puido ascender porque o mesmo club ten xa un equipo na mesma categoría.
O ascenso da SAR é unha gran noticia para o balonmán galego feminino que no vindeiro ano contará con catro equipo, todos eles de Pontevedra, na División de Prata. Ao Seis de Nadal Coia e o Contrucción Castro Chapela únenselle esta tempada a A.D. Carballal Seyolca e a Sar Shopimagen. Especialmente afortunados os afeccionados redondeláns que poderán gozar dos derbis entre os dous equipos do concello.