Hoxe é Mércores 27 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Os alumnos do IES Mendiño gañan o primeiro premio dos Jules Verne

RR_Noticias

Un traballo sobre a toponimia de Redondela fíxose co primeiro premio da II edición dos Jules Verne que concede o Concello de Redondela entre os alumnos de primaria e secundaria dos centros educativos. O segundo premio foi para os alumnos do CEIP Laredo polo seu traballo sobre a vida e obra de Filgueira Valverde.

O Concello de Redondela entregou este venres os galardóns da segunda edición dos premios Jules Verne, dirixido a estudantes a partir de sexto de Primaria e que ten como obxectivo fomentar o traballo colaborativo e o enxeño entre os estudantes redondeláns. O premio presenta dúas categorías, unha para o mellor traballo en ciencias, que este ano quedou baleiro, e outro para o mellor traballo de innovación na lingua galega. Entre os tres participantes nesta edición o primeiro premio foi para os alumnos do IES Mendiño polo seu traballo “Os nosos lugares”, unha investigación sobre a toponimia das parroquias redondelás no que traballaron durante seis meses recompilando información en libros, na rede e cos veciños da zona para coñecer a orixe dos nomes. O segundo premio foi para os alumnos do CEIP Laredo polo seu traballo “Vida e Obra de X.L. Filgueira” no que os alumnos investigaron sobre a traxectoria do escritor homenaxeado este ano no Día das Letras Galegas. Os galardoados recibiron como premio un diploma e unha achega económica.  

Concelleira Teresa París
O obxectivo dos premios e fomentar o traballo en grupo e a imaxinación
Xefe Territorial César Ares
Destaca a importancia destes premios
Profesora Dolores
Explica en que consistiu e como se organizou o traballo
Alumna Mendiño Uxía
Cóntanos en que consistiu o traballo
Alumna Mendiño Silvia
Explícanos a temática do traballo que foi premiado

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará