Hoxe é Mércores 27 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Emotiva homenaxe ás vítimas do franquismo en San Simón

RR_Noticias

Máis de 400 persoas déronse cita este domingo na Illa para lembrar e homenaxear ás vítimas da ditadura convocados polas asociacións reunidas na Iniciativa Galega pola Memoria (IGM). A xuntanza, contou co testemuño de Darío Rivas, quen aos 94 anos lidera a querela na Arxentina contra os responsables do xenocidio iniciado en 1936, entre cuxas vítimas atópase seu pai, alcalde de Castro Rei executado por falanxistas.

Nesta homenaxe anual ás vítimas, a IGM reiterou demandas centrais como a derrogación da lei de amnistía, lembrando ao Estado español que está a incumprir coas recentes recomendacións que en materia de dereitos humanos fixéronlle dende as Nacións Unidas.
Especial fincapé tivo o reclamo por devolver o carácter de lugar de memoria á illa de San Simón, un dos maiores campos de concentración montados polo franquismo entre 1936 e 1943 e reclamando un debido recoñecemento ás familias da parroquia de Cesantes pola súa labor solidaria e humanitaria naquel período cos repesaliados e as súas familias.
Os asistentes á homenaxe chegaron á illa en catro quendas dun barco que partiu do porto de San Andrés de Cobres (Vilaboa). No mediodía comezou a homenaxe coa interpretación do Himno de Riego por parte do grupo de gaitas. A seguir Fernando Souto (da CRMH da Coruña) fixo un resumo aos presentes das demandas históricas da IGM, para logo dar paso á lectura por parte de Queta Molas (ARMH de Marín) dun texto de Luís Bará (Asociación “A Regaduxa” de Vilaboa) que lembra a testemuña de Isabel Gómez Costas e a súa familia, veciños de Redondela, que marcharon ao exilio no ano 1937.
A intervención de Darío Rivas, puxo broche final ao acto xunto coas tradicionais soltas de pombas e achegas florais que familiares e amigos das vítimas achegaron una ano máis a San Simón. O Himno Galego pechou a homenaxe.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará