As concellerías de medioambiente e Interior anuncian una campaña de control nos lugares nos que de xeito reiterado están a aparecer mobles, electrodomésticos e incluso restos de obra. Unha situación que se ven repetindo nas últimas semanas en “doce ou catorce puntos negros do concello” tal e como recoñecía nos nosos micrófonos o responsable de Medio ambiente Miguel Angel Alvarez Balleteros.
Dende o Concello insisten en que existe un servizo gratuíto que desenvolve a empresa Urbaser, concesionaria da recollida do lixo, que se fai cargo de todos aqueles “residuos voluminosos como mobles, somieres, colchóns, portas ou calquera electrodoméstico do que queiramos desfacernos chamando previamente a o número de teléfono 986 40 80 34. O procedemento é doado, xa que a través do teléfono se lle dí ao usuario o lugar e data na que pode depositar os seus residuos para garantir a súa recollida. En canto aos residuos de obra lembran dende o concello que “os cascallos de obras domésticas deberán ser depositados en colectores especiais instalados pola empresa constructora, non sendo un residuo de xestión municipal”. Finalmente insisten na importancia que ten a reciclaxe e o correcto uso dos distintos colectores “xa que iso supón un aforro para as arcas públicas e por ende para todos os cidadáns” e anuncia a posta en marcha “dunha campaña de control das zonas onde permanente se está a depositar de forma incontrolada mobles e enseres que poden ser recollidos con previo aviso a Urbaser”.