O Concello de Redondela celebrou no mediodía do domingo unha concentración como mostra de repulsa ao crime de Moraña, onde se vive o terceiro día de loito oficial. Toda Galicia vive conmocionado o caso, logo da morte de dúas nenas, de 4 e 9 anos, presuntamente a mans do seu pai. Moitas vilas e cidades galegas sumáronse aos actos.
Os investigadores reconstruen o crime e analizan o perfil do parricida O home acusado de matar as súas dúas fillas, telefoneu a súa ex-muller para comunicarlle o que ía facer. Ela desmaiouse en plena rúa e case non puido alertar á Garda Civil. Cando chegaron os axentes, atoparon ao presunto parricida pechado no baño. Os corpos das cativas estaban nun cuarto: unha na cama e outra no chan. Degolaraas cunha radial que mercara uns días antes nunha ferretería. Os investigadores seguen coas pescudas e interrogatorios; o parricida fora denunciado hai un ano por intentar esganar ao seu médico de cabeceira. O fiscal do caso advertiu que este dobre crime pode ser o primeiro que se castigue cunha pena de prisión permanente revisable.