Hoxe é Mércores 27 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O PSdeG de Redondela denuncia a falta de material dos socorristas no municipio

RR_Noticias

Segundo os socialistas, o Concello incumpre coa inspección da bandeira azul que amosou a necesidade de asubíos, prismáticos, un coordinador de socorristas e o arranxo da torre de vixilancia. A voceira socialista, Ana Isabel Rey, advirte que “non se pode tolerar” o perigo que esta situación supón tanto para os socorristas como para os usuarios das praias.

A falta de material dos socorristas de Redondela é “latente”, segundo Rey. Os prismáticos, un elemento “imprescindible e que garante a seguridade da praia”, son “insuficientes”, segundo a denuncia dos socialistas, e os existentes están “en mal estado”. Por outra banda, advirten que a escaleira da torre de vixilancia da praia de Cesantes está rota, o que supón “un perigo constante para os socorristas cada vez que queren acceder ao seu posto de traballo”. No caso da instalación na praia de Arealonga, sinalan que ten goteiras “pola falta de mantemento durante todo o ano”. As malas condicións do material esténdese ás embarcacións pneumáticas, “debido a que están gardadas durante todo o inverno” e no período do verán “dan numerosos problemas cando son sacadas ao mar”. Ana Isabel Rey lembra que a praia de Cesantes posúe bandeira azul “con reparos” ante as carencias de material dos socorristas. O organismo que as outorga volveu a repetir que eran necesarios para o bo funcionamento: asubíos, prismáticos e o arranxo da torre de vixilancia. O PSOE local denuncia que iniciado xa o mes de agosto “aínda non se supliron esas carencias”. A voceira socialista demanda ao goberno de Javier Bas “que cumpra coas promesas que acadaron cando recibiron a inspección da praia”.
 
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará