Unha nova iniciativa da Concellaría de Medio Ambiente dirixida ás familias que pasan o seu tempo de lecer nas praias de Cesantes e Chapela. Estas pulseiras, nas que se inclúe o nome do menor e un teléfono de contacto dos seus titores, poden recollerse nas casetas dos socorristas totalmente de balde.
O concelleiro, Miguel Angel Álvarez, explica que con este simple elemento poden evitararse situacións de nerviosismo por parte dos pais no momento que perden de vista aos seus fillos. Aínda que na maioría dos casos estas situacións se resolven antes de que transcorra a primeira hora, normalmente vívense uns momentos “moi angustiosos” que con este sistema poderán ser evitados.