Mañá venres ás 21 horas o colectivo Pitrina, dentro do espazo Mínima Expresión, presenta a 6º edición coa instalación da man do artista vigués Pedro Sardiña que ten por título “Descerebrados humillados aplaudindo colgados alimentan o capital”.
A obra, que poderá visitarse no local da rúa pai Crespo, DiscoTasca, é unha reflexión que o artista fai “sobre os momentos convulsos e difíciles nos que vivimos”. Malia iso, Sardiña afirma que algúns confían en que “outra realidade é posible” máis aló mesmo de que esteamos mergullados nesta situación “que outros pretenden silenciar”.