Hoxe é Mércores 27 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Redondela recadou máis de 5.000 euros pola nova taxa dos caixeiros automáticos na rúa

RR_Noticias

Logo dunha iniciativa do grupo municipal de AER en 2012, o Concello de Redondela estableceu unha taxa municipal para que as entidades bancarias paguen polo uso que fan do espazo público cos seus caixeiros automáticos. A taxa ascende a 289 euros. Por outra banda a Agrupación de Electores denuncia falta de transparencia do Concello nos gastos das Festas do Choco e da Coca.

Para establecer esta taxa municipal foi necesario a modificación a “Ordenanza fiscal reguladora da taxa por tendidos, tubaxes e galerías para as conducións de enerxía eléctrica, auga, gas ou calquera outro fluído”. A normativa incluía a instalación de postes para liñas, caixas de amarre ou transformadores “sobre vías públicas ou outros terreos de dominio público municipal ou voen sobre os mesmos”. Tamén incluía “aparatos para a venda automática e outros análogos” que se estabelezan. Pero non mencionaba os caixeiros automáticos. A modificación foi publicada no BOP no ano 2013, e xa inclúa “Caixeiros automáticos adosados a edificios en que a súa utilización implique un aproveitamento especial de vía pública”, cunha taxa de 289,00 € ao ano. A taxa empezou a cobrarse no 2014. A Agrupación de Electores solicitou información para facer un seguimento ao pago destas taxas, e segundo a información municipal, tanto no ano 2014 como no ano 2015 recadáronse con este concepto a cantidade de 2.601 euros anuais.
Gastos na Festa do Choco e a Coca
A Agrupación de Electores denuncia “falta de transparencia” nos gastos que a Festa do Choco e a Festa da Coca ocasionaron ao Concello, logo de solicitar ao goberno local a relación de gastos dos dous eventos neste ano 2015. A información municipal sinala que na Festa do Choco houbo uns gastos de 28.619,11 euros e na celebración da Coca 5.093,83 euros. AER afirma que o Concello “non está informando da totalidade dos gastos reais de ambos eventos”, e cualifica as cifras de “irrisorias” ante a magnitude que supoñen ambos eventos na localidade. Ademais sinalan que detectaron actividades realizadas no programa dos eventos “que non aparecen relacionadas nos gastos”. Denuncian pois, ou un caso de “falta de transparencia” nos gastos realizados polo Concello nos eventos que xestiona, ou ben “un grave descontrol na facenda local” ao non existir uns balances específicos de gastos e ingresos por actividades, obras ou eventos.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará