Hoxe é Xoves 28 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Ritmos de blues e jazz na Praza da Casa da Torre coa cálida voz da televisiva Diana Tarín

RR_Noticias

A Redondela chegan desde Nova Orleans os Swamp Donkeys Jazz Band, que actuarán hoxe venres ás 22.00 horas. Mañá sábado será a quenda do Alberto Vilas Quintet, a formación galega estará acompañada da cantante afrocubana Diana Tarín, que acadou popularidade logo do seu recente paso polo concurso televisivo La Voz.

O concerto de hoxe transportaranos ao berce do blues-jazz cos Swamp Donkeys Jazz Band. Esta agrupación fundada en 2012 está formada por músicos de longa traxectoria e virtuosismo, que executan a música de jazz ao máis puro estilo de Nova Orleáns con tuba, trombón, clarinete, trompeta, banjo e batería, cun xogo de voces de sabor clásico ao estilo de Louis Amstrong. Na actualidade están de xira por Europa e van celebrar distintos concertos en Galicia durante este mes, entre os que se inclúe o de Redondela.
Mañá sábado é a quenda da cantante cubana Diana Tarín xunto á formación de Alberto Vilas Quintet. A cantante e pianista afrocubana, Diana Tarín, filla e neta de músicos de renome na súa illa, formou parte de distintas agrupacións femininas con moito éxito en xiras europeas, como vocalista, pianista e intérprete de percusión. Esta extraordinaria cantante cubana establecida en Cangas xúntase co pianista redondelán Alberto Vilas e a súa banda, nun proxecto común no que comezaron a traballar xuntos arredor da música do pianista e doutras músicas das que os dous gozan. O momento excepcional que está a vivir a cantante Diana Tarín pola súa participación no programa La Voz fai que os seus concertos estean tendo un gran éxito. A familiaridade coa tradición cubana e o jazz, pasando pola bossa nova, o funky, o soul, o bolero e a canción de autor, fan do seu repertorio unha mestizaxe vibrante.
Os dous concertos serán ás 22.00 horas con entrada libre.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará