Hoxe é Xoves 28 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A praia de Cesantes acolle o II Trofeo Concello de Redondela de Voley Praia-Campionato Galego

RR_Noticias

Durante toda a xornada do sábado e o domingo disputaranse os partidos nas categorías sénior, tanto masculina como feminina do II Trofeo Concello de de Redondela-Campionato Galego. O concelleiro de Deportes, Julio Mougán, destaca a importancia de situar ao areal de Cesantes como un dos referentes do deporte de praia en Galicia.

Para o edil é algo moi positivo “completar a oferta de ocio do areal coa práctica de deportes”, e aposta porque Redondela poña en valor un marco tan excepcional como a enseada de San Simón. Con anterioridade xa se disputaron torneos de “futvoley”, e tamén de balonmán praia, tanto en Cesantes como na praia de Arealonga, en Chapela. A competición terá lugar o sábado desde as 10.00 ata as 21.00 horas e o domingo de 10.00 a 20.00horas.  

Julio Mougán concelleiro de Deportes
Mougán quere promover as praias de Redondela como escenario de eventos deportivos.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará