Hoxe é Mércores 27 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Teatro, concursos e club de lectura nas bibliotecas de Redondela

RR_Noticias

O xoves a compañía Trinke Trinke ofrece un espectáculo infantil na biblioteca redondelá, que tamén convoca a través das redes sociais os concursos “Adiviña de que personaxe falamos” no Facebook e “Unha viaxe, unha biblioteca” en Instagram.

O xoves 20 de agosto, ás 12:00 horas, a compañía Trinke Trinke achégase á Biblioteca de Redondela para contar saborosos contos e historias apetitosas baixo o título “Aventuras na cociña”. Un espectáculo dirixido aos rapaces de 4 a 8 anos. Este contacontos terá lugar na Sala Infantil da biblioteca. A entrada é libre e de balde, dentro do programa Ler conta moito, da Rede de Bibliotecas de Galicia. En canto aos concursos, en “Adiviña de que personaxe falamos”, os que desexen participar poden facelo a través do Facebook ata 11 de setembro. A biblioteca ofrecerá cada semana unha pista diferente sobre un personaxe do mundo da literatura que os participantes deberán adiviñar. O martes 15 de setembro desvelarase a resposta e coñecerase o gañador . O primeiro concursante en dar a resposta correcta levará o premio: un lote de libros composto polo libro ilustrado “El viaje de Shackleton” da editorial Impedimenta, a novela “María Bonita” de Ignacio Martínez de Pisón e a novela “La voz dormida” de Dulce Chacón. As pistas e mais as respostas están adxuntas nunha nota que as bibliotecas teñen na súa páxina de Facebook (https://www.facebook.com/bibliotecas.deredondela). Tamén segue aberto o prazo para participar no concurso en Instagram “Unha viaxe, unha biblioteca”. Ata o 15 de setembro poden enviarse fotografías das bibliotecas que os participantes visitan na súas vacacións. ( http://bibliotecasredondela.blogspot.com.es/2015/07/concurso-unha-viaxe-unha-biblioteca.html.)
Club de lectura
A Biblioteca Pública Municipal Valle-Inclán de Redondela conta con 5 prazas vacantes para o club de lectura dirixido a adultos que se desenvolve con carácter mensual. Os interesados poden informarse e inscribirse nas dependencias do Multiusos da Xunqueira ou no teléfono 986 40 15 61. O club comezará os seus encontros o día 25 de setembro.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará