Hoxe é Mércores 27 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O BNG denuncia que o Concello facilite maquinaria municipal a empresas privadas

RR_Noticias

O grupo municipal nacionalista considera un feito “sen precedentes” o uso dun camión do Concello por parte dunha empresa de construción. Sinalan que, durante dúas semanas, operarios dunha subcontrata do Concello, utilizaron o vello camión de bombeiros para a limpeza da vía pública.

Segundo o concelleiro do BNG, as obras de renovación das beirarrúas no Alto dos Valos están a piques de rematar, e advirten que para os traballos a empresa adxudicataria utilizou maquinaria municipal. Advirten que a limpeza das beirarrúas, unha vez rematada a obra, debe corresponder “directamente á empresa”, e que debería realizarse con vehículos “propiedade da empresa”. O concelleiro Xoán Carlos González afirma que o material do Concello “unicamente pode ser utilizado por empregados e traballadores da administración local”. Segundo o nacionalista, este caso pode ser considerado “un trato de favor”, cunha empresa que está realizando un traballo para o Concello. O concelleiro do BNG presentou por rexistro do Concello unha xeira de preguntas dirixidas ao alcalde Javier Bas, para que aclare os motivos desta cuestión, e cales son as previsións do goberno local sobre a cesión de maquinaria de titularidade municipal a empresas que traballen para o Concello de Redondela. Dende o BNG consideran que se trata dun uso “fraudulento” da maquinaria municipal.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará