Hoxe é Mércores 27 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O goberno local propón rebaixas nos impostos e taxas municipais e exencións para rendas baixas

RR_Noticias

O obxectivo do grupo municipal do PP é rebaixar o IBI, cunha revisión dos valores catastrais, tamén propón reducións nas plusvalías, e a gratuidade de taxas como as do lixo, auga e saneamento para persoas con escasos recursos.

O goberno de Javier Bas levará a pleno unha proposta para crear un grupo de traballo, co obxectivo de revisar as ordenanzas municipais e aprobar unha baixada de impostos en Redondela. Trátase dunha proposta aberta que será sometida a consideración e estudo por parte dos diferentes grupos políticos. Esta foi unha das promesas electorais do Partido Popular en Redondela que tentará lograr a través do consenso co resto de formacións. A proposta que presentará o goberno do PP no próximo pleno consiste nunha baixada da denominada “plusvalía”, reducindo ao redor dun 50% este imposto municipal, establecendo diferentes tramos en función da antigüidade, e aplicando diferentes tipos segundo a renda en función do que permita a normativa que regula o imposto. Bas quere someter á consideración e aprobación de todos os grupos calquera proposta que repercuta non só nas arcas municipais, senón sobre todo “no peto dos cidadáns”. Entenden que unha rebaixa de impostos “aumentará a renda da que que dispoñen as familias para gastar”. Tamén pretenden fomentar a actividade empresarial cunha redución ao 50% nas taxas de apertura para autónomos e novos negocios.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará