Hoxe é Xoves 28 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Manuel Conde: “Esta homenaxe para min é algo moi grande”

RR_Noticias

O empresario redondelán recibirá este sábado unha emotiva homenaxe no campo de fútbol de Santa Mariña polo seu traballo a prol do fútbol base. Celebrarase un torneo con equipos prebenxamíns e veteranos e descubrirase a placa coa que se bautiza o campo anexo do Choco co nome “Manuel Conde CP 81”. Para o hostaleiro redondelán supón “unha satisfacción moi grande” da que di non sentirse merecedor.

Conde, que se dedicou durante décadas á promoción do fútbol base afirma que o mellor premio “é sentirse querido por todos os nenos que pasaron polo Grupo Casa Paco “. Co seu lema inmutable “Deporte, convivencia, amizade”, salienta que o seu principal obxectivo foi inculcar sempre estes valores aos cativos, primando a deportividade e o compañeirismo por riba de todo. Xogadores como Iago Bouzón, Pablo Couñago, Sergio LLoves, Mateo, Caloi ou Yerai pasaron pola escola de fútbol de Manolo Conde, e defenden tamén esa filosofía que a día de hoxe segue a ser a que Manolo imprime ás novas xeracións. E fai tamén un chamamento aos pais para que permitan aos seus fillos ser os protagonistas. Para Conde o máis importante é que os rapaces “gocen” do deporto xunto cos seus amigos, evitando críticas e rivalidades. A homenaxe, organizada polo Concello de Redondela, comezará ás 18.00 horas cun torneo prebenxamín no que participarán os equipos de Chapela, Choco, Cesantes e Casa Paco, e os veteranos de Rápido de Bouzas, Coia e Casa Paco. Na celebración descubrirase a placa conmemorativa coa que o campo anexo de Santa Mariña pasará a chamarse “Manuel Conde CP 81”. O acto quere ser un recoñecemento ao traballo de Conde a prol do fútbol base desde os anos 70, que culminou coa creación en1981 do Grupo Casa Paco, un dos referentes nas categorías inferiores de toda a provincia. Desde 1983 ata o 2002, traballan no campo do Reboreda, con numerosos equipos, ata a categoría cadete. Froito deste traballo o C.D. Choco e Casa Paco fusionan os seus proxectos. Despois nun acto de xenerosidade Manuel cedería o nome, xogadores, adestradores e todo o traballo á Escola de Fútbol Base Redondela, que seguiría coa súa vinculación co C.D. Choco. Ao mesmo tempo, en 2006, Conde Docampo pon en marcha o Grupo Casa Paco 81, co fútbol sala como disciplina, modalidade que é a que practica a día de hoxe. Esta non é a única homenaxe que recibe este ilustre redondelán, que xa acumula premios como o Viaductos, tanto como mellor club, como mellor dirixente. Vigo recoñeceu tamén o seu labor a través do Trofeo VIDE.  

Manuel Conde Grupo CP 81
Conde afirma non sentirse merecedor deste recoñecemento.
Querido polos rapaces
Para Conde o mellor premio é snetirse querido por todos os nenos que pasaron polas súas escolas de fútbol.
Protagonismo dos nenos
Conde fai un chamamento aos pais dos nenos que xogan nalgún equipo para que cedan todo o protagonismo aos rapaces.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará