Hoxe é Xoves 28 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Audasa comprométese a axilizar o pago das expropiacións

RR_Noticias

Os veciños, que na tarde de onte convocaban unha asemblea de urxencia mantéñense cautos e anuncian que seguirán coas mobilizacións. A reunión que se prolongaba durante máis de catro horas e na que estaban presentes representantes de Audasa, Fomento e goberno local así como da Asociación de Afectados, desenvolveuse nun ambiente cordial e chegáronse a acordos encamiñados a que os veciños poidan cobrar de xeito urxente as expropiacións das súas propiedades.

Os veciños anuncian que continuarán coas concentracións ata comprobar que os compromisos que se acadaron na reunión de onte se traducen en feitos. Compromisos encamiñados a resolver de urxencia o pago das expropiacións aos propietarios das once casas afectadas polas obras. Tamén Fomento anunciou que nomearán nos vindeiros días aos seus representantes para que se poida convocar a comisión de seguimento antes de que remate este mes.
Outros asuntos que se abordaron nesta xuntanza teñen relación coa adquisición dos terreos da Finca de Ginaria que permitirá construír o novo colexio que dea cabida á comunidade escolar do Colexio Igrexa nesta parcela de 34.000 metros cadrados así como a mellora da seguridade nas obras coa reposición dos servizos afectados.
A concesionaria comprometeuse tamén a colocar barreiras acústicas e asfalto que minimice os ruídos.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará