Hoxe é Xoves 28 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Choco deixa escapar dous puntos en Vista Alegre

RR_Noticias

Os redondeláns adiantáronse cedo no marcador, e pecaron de conservadores. O Ordes, que precisaba sumar para saír do pozo da clasificación, insistiu ata que atopou o gol do empate no ecuador da segunda parte. Finalmente reparto de puntos que mantén aos de Marcos Montes na quinta praza da Terceira división.

Terceira División
Ordes 1-1 Choco
Ordes e Choco enfrontábanse no campo de Vista Alegre con diferentes intencións. Por unha banda os de Redondela querían seguir sumando e mostrando as boas sensacións que deixaron en Santa Mariña coa goleada ao Galicia Mugardos, e por outro o Ordes, que buscaba puntuar para saír da racha negativa. E ao final repartición de puntos que permite a ambos sumar, malia que o Choco puido regresar a Redondela cos tres puntos. Os de Montes adiantáronse de penalti ao pouco de empezar o encontro, concretamente no minuto oito de partido, cun lanzamento que transformou Silva. Pola súa banda, o Ordes de Javi Álvarez non empataría o encontro até a segunda parte, onde tras unha xogada por banda dos verdes, prodúcese un centro á área no que hai un rexeite e o balón chega a un Nacho que define por baixo batendo a Cortegoso. O empate que, ao ser lonxe de casa, é positivo, deixa a sensación de ter perdido a ocasión de sentenciar o encontro e regresar a Redondela cunha vitoria que os deixaría entre os líderes da táboa. A próxima semana o Choco recibirá ao Verín en Santa Mariña. Os ourensáns están na metade da táboa, e suman un punto menos que os de Montes.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará