O Concello de Redondela, a través dun escrito que o alcalde Javier Bas ven de trasladarlle á Xunta de Galicia amosa a súa disponibilidade a colaborar na acollida das persoas “dramaticamente desprazadas polo conflito de Siria”. Segundo se subliña no texto remitido ao goberno galego, o rexedor local apunta que o noso concello “de probada traxectoria de solidariedade ponse a disposición da Xunta para colaborar do xeito que se considere máis útil para os afectados por esta traxedia humanitaria”.
Por outra banda, todas aquelas familias interesadas en colaborar e que queiran ofrecerse para acoller refuxiados nos seus domicilios saiban que a Xunta ten habilitado un correo electrónico para facilitar información aos cidadáns e crear unha base de datos. A dirección é inclusión.social.ctb@xunta.es e a través da mesma pódense indicar os recursos dos que se dispoñen para acoller refuxiados, tanto en número como en tempo.