O Concello de Redondela ven de asinar con Lenda o convenio no que concede a Asociación de familiares e enfermos mentais 11.000 euros. Este ano adiantouse a firma para evitar dificultades á asociación. O convenio inclúe como novidade que a achega económica se poida cobrar en duas partes para poder así percibir de xeito inmediato a parte que poidan xustificar evitándose que teñan que adiantar os cartos durante un período longo xa que agora presentan unha parte e ata o 1 de decembro teñen para xustificar o resto.
O goberno local asegura apostar por esta Asociación “xa que realiza un labor moi importante nestes tempos”. Engaden que dende a chegada ao poder do PP a partida destinada a esta Asociación incrementouse notablemente pasando dos 8.000 € no ano 2011 ata os 11.000 actuais “o que mostra o compromiso do goberno coa actividade que desenvolve esta asociación”.