Hoxe é Sábado 21 de Decembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Os nenos xogan co idioma

RR_Noticias

Xogando tamén se aprende, unha máxima que teñen ben presente no servizo de Normalización Lingüística que organiza nas vindeiras semanas obradoiros diversos orientados aos máis pequenos da casa. As citas, independentes entre si, serán os venres 11 e 18 e os domingos 20 e 27. Obradoiros de percusión con refugallos e música que se completan coa propostas do colectivo Polo correo do vento, o escritor Enrique Mauricio e o ilustrador Carlos Taboada que chegan a Redondela da man do Xacobeo. As inscrición deben facerse no 986 400106.

Un obradoiro de percusión con refugallos este venres día 11 inaugura este ciclo de actividades do programa Apego. Este obradoiro ten como obxectivo concienciar as nenas e nenos da importancia da reciclaxe e da reutilización de distintos obxectos, e promover a súa expresividade a través da música. Desenvólvese dun xeito lúdico por medio dun vehículo particular, “a percusión”, e as participantes aprenderán a valorar o traballo en grupo, a solidariedade, o medio ambiente e a utilidade da lingua galega para as actividades de lecer. Desenvolveranse tres obradoiros cunha duración aproximada de 45 minutos cada un destinados a idades comprendidas entre os 3 e os 10 anos. A seguinte cita correrá a cargo do músico e investigador Luís Prego quen impartirá o obradoiro Prende no colo, obradoiros didácticos para nais e pais con nenos e nenas de 0 a 3 anos, nos que se traballarán cantos de berce, xogos de dedos, recitados e cantigas. A actividade é interactiva e admitirase unha persoa adulta por cada bebé participante. Desenvolverase o 20 de setembro ás seis da tarde no Multiusos de Redondela e o día 27 no Piñeiral do Crego en Chapela. Unha ampla programación para o público infantil que se completa coa proposta “Protexendo o camiño” do escritor Enrique Mauricio e o ilustrador Carlos Taboada, unha actividade integrada no Programa do Xacobeo que chega a Redondela o venres 18 ás 18:00 horas.  

Eva García Rei Normalización Lingüística
Fálanos do obradoiro do día 11
Prende no Colo
Luis Prego impartirá esta actividade os días 20 e 27

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará