O 4 de Abril e o 2 de Xuño eran as datas aprobadas polo pleno municipal para celebrar os festivos locais no 2016. Unha decisión adoptada na sesión plenaria celebrada no inicio deste mes que, por un erro de cálculo ou un despiste, deberá ser debatida novamente. Non haberá problema en cando ao Luns do Cristo que se mantén no 4 de abril, pero sí hai que corrixir o segundo dos festivos xa que o Xoves da Coca celebrarase no vindeiro ano o 26 de maio e non o 2 de xuño como se recollía na proposta presentada polo PP e que foi ratificada pola corporación.
O erro viría dado por celebrarse a Coca cada ano en datas diferentes, xa que esta celebración ven determinada polo Corpus Christi que, á súa vez celébrase 60 días despois do Domingo de Resurrección. Un erro que deberá agora subsanarse en pleno, xa que no caso de non ser rectificado a Coca celebraríase unha semana despois do Corpus.