Aseguran que “por orde do PP galego” o 112 non chama aos bombeiros de Vigo que se atopan a menos de dez minutos e pola contra recorren ao servizo privatizado de bombeiros de Porriño a 20 kilómetros e 20 minutos de distancia”. Solicitan ademais a posta en marcha dun servizo de emerxencias de calidade para Redondela, servizo que actualmente continúa traballando con tan só un efectivo por quenda.
Acusan ao PP de incumprir unha das súas principais promesas electorais xa que “logo de 5 anos no goberno segue sen dotar ao concello dun servizo de emerxencias” tal e como se merece un municipio de 30.000 habitante e tal e como obriga a lei. Lembran que a día de hoxe o Grumir conta tan só cunha persoa por quenda para atender as incidencias e emerxencias que se produzan.
Como exemplo das situacións a que da lugar a falta de efectivos explican que nun incendio nunha vivenda na rúa Ernestina Otero, que se producía a finais do pasado mes de agosto, foi necesario que os policías locais asumisen as funcións dos bombeiros para apagar o incendio que se produciu nunha das habitacións. Segundo apuntan dende AER “o 112 non chama aos bombeiros de Vigo que están a 10 km (menos de 10 minutos) e obriga por orde do PP galego a chamar ao servizo privatizado de bombeiros de Porriño, a 20km (20 minutos)”.
Dende AER agardan que na vindeira reunión que a Xunta de Galiza terá cos alcaldes da Área Metropolitana de Vigo “Javier Bas demande a creación dun convenio para que Redondela dispoña dun servizo de emerxencias público e eficaz, tentando así solucionar uns dos problemas urxentes que se produzan no noso concello”.