Hoxe é Mércores 27 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Desplante de PSOE e BNG ao goberno local por “autopreguntarse” sobre o servizo de emerxencias

RR_Noticias

Un pleno que discorría con tranquilidade rematou pasadas xa as once da noite cun plante dos concelleiros de PSOE e BNG ao edil de interior Arturo González logo de que o goberno local se “autopreguntase” sobre a situación do servizo de emerxencias. Os edís levantábanse da súa bancada e abandonaban o Multiusos da Xunqueira logo de que a voceira popular solicitase ao seu compañeiro de partido explicacións sobre a actuación dos servizos de emerxencias en dúas incidencias acontecidas a semana pasada e que segundo dixo “están a ser empregadas pola oposición para crear alarmismo na cidadanía”. A socialista Digna Rivas explicaba que decidiron ausentarse “porque o PP estase a rir da cidadanía ao facerse unha pregunta a si mesmos sabendo que a oposición non pode intervir”.

Tan só os edís de AER e a concelleira non adscrita Raquel Qunitáns mantivéronse nos seus asentos para escoitar as explicación de Arturo González quen relatou o acontecido neses dous sucesos, nunha vivenda en Ernestina Otero e no colexio de Quintela, logo de que o resto dos membros da oposición decidiran levantarse e saír do Multiusos. Unhas explicacións que chegan nunha semana na que tanto o PSOE como AER criticasen que Redondela careza dun servizo de emerxencias dotado de persoal suficiente como para atender calquera incidencia que se produza no noso concello, xa que actualmente son tan só tres persoas as que atenden este servizo, é dicir, un único operario por quenda. Critican tamén que se dependa do parque de bombeiros do Porriño “que tarda 35 minutos en chegar a Redondela cando os bombeiros de Vigo atópanse a tan só 10 minutos”. Rivas responsabiliza desta situación ao propio goberno local “sabemos que o concelleiro de interior non se puxo en contacto en ningún momento co de Vigo para poder contar con este servizo moito máis próximo e polo tanto máis efectivo ante calquera situación de emerxencia”.  

Carmen Amoedo PP
A voceira do PP facía a pregunta que deu lugar ao desplante
Digna Rivas PSOE
Acuas aos populares de empregar a quen da preguntas para avitar que a oposición teña dereito a respostar
Mala xestión
O PSOe asegura que os populares non están a realizar as xestións neceesarias para que o servizo se realice en menor tempo

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará